• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

ATANDO REDES

CONDE CORBAL

ATANDO REDES
INV:
3548
Año de creación:
1972
Dimensiones:
160 x 393 x 0
Técnica:
Acrílico sobre madeira

Comentarios

A experiencia do autor parte da poética sincera do gravado no que amosa as súas inquedanzas trasladando á pintura a súa visión comprometida e social da realidade.

A táboa de gran tamaño preséntase coma un friso, coma un documento no que se narra unha actividade propia das zonas costeiras. A escena presenta a un grupo de sete mariñeiros, distribuídos en dous bloques, realizando o seu traballo diario, ensimesmados no arranxo das redes.

Trata de coidar e de equilibrar a composición obrigando a cada figura a ocupar un espazo determinado e a adoptar unha posición concreta, o que xera un conxunto pechado. Os pescadores, sitos —dous a dous— en cada extremo, amósanse de perfil e os dous do centro, de fronte. Só unha das figuras está descentrada, situada de costas, rompe a simetría da peza e o seu violento escorzo provoca unha sensación de profundidade conseguindo orientar a mirada no seu percorrido cara á paisaxe montañosa de fondo.

A pincelada é ampla, esvaradía, reafirmando un expresionismo latente que imprime brusquidade e rudeza compensada coa calidez da cor, dos amarelos e os azuis brillantes. A mancha define a grandes trazos ás figuras sacrificadas que parecen personaxes homéricos, pacientes penélopes fiando e esfiando as redes.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78